Importante convocatoria de Causa Galiza e boicot informativo dos medios
Ningún dos medios de comunicación dixitais (agás Vieiros) nin a TVG deron conta na tarde-noite do 25 de xullo da manifestación da esquerda autodeterminista que reuniu a preto de tres milleiros de galegas e de galegos que marcharon polas rúas de Compostela detrás dunha gran bandeira nacional, reclamando a autodeterminación, o poder popular e a independencia de Galicia.
Este silencio evidencia a importancia política da convocatoria.
Había tempo que a esquerda nacionalista non era quen de agrupar a semellante número de persoas que concorreron animadas polo espírito unitario e mais polo carácter apartidario da manifestación. O acordo táctico e técnico, aprobado logo de profundos debates no seo de Causa Galiza, facilitou que a xente acudise libre de prexuízos e nun ambiente politicamente cómodo para unha concorrencia que sabemos profundamente complexa.
Foi esta unha experiencia importante. Hai ben tempo que vimos teorizando e reclamando a confluencia das esquerdas nacionalistas; nunca antes se chegara a un grao de coincidencia coma este ou, máis ben, a unha situación de menor contradición entre as diferentes posturas. Foi un importante primeiro paso e queremos insistir, como xa dixemos no noso comunicado do Día da Patria, que na honestidade, na seriedade e na responsabilidade de tod@s está que non sexa o último.
Non é fácil, non vai ser fácil levantar unha alternativa unitaria do nacionalismo de esquerdas. A cifra de asistentes a esta manifestación do Día da Patria de 2007 é un excelente dato que nos indica por onde debemos camiñar e como debemos encarar datas concretas da efeméride nacional, e tamén como debemos abrir un debate xeralizado sobre toda a problemática social que se nos presenta acotío.
Pero aquí, na actual Causa Galiza, non se completan as arelas da FPG de cara á conformación dun espazo que entendemos existe e que é necesario ocupar, ese espazo á esquerda da opción centrista que o núcleo forte do BNG, comandado por Anxo Quintana, pretende consolidar.
Neste momento, a FPG contempla a Causa Galiza como un punto de encontro, para o debate e para acción puntual. E canto maior e máis importante sexa a achega, cantas máis alternativas concretas para a mellora e a transformación das condicións de vida do noso pobo sexamos quen de formular, maior será a capacidade de influenza na nosa sociedade.
Tales son as nosas reflexións publicamente expresadas neste comunicado de urxencia.

En Galicia, a 26 de xullo de 2007, no LIV aniversario do asalto aos cuarteis do Moncada e Carlos Manuel de Céspedes, en Cuba.
Comité Executivo da FPG
Comité Executivo da FPG