25 DE XULLO DIA DA PATRIA GALEGA AVANZAR CARA A REPÚBLICA GALEGA
SOS Courel. Velaí unha chamada para a defensa do medio ambiente. SOS Courel é tamén un trasunto daquela chamada para a defensa do mar que fora Nunca Máis. Algúns que integraban aquel movemento hoxe forman goberno. Estes mesmos son os responsábeis do nacemento do SOS Courel mais por razóns ben distintas: agora son eles os que atacan o monte. Xa que non arde, metémoslle unhas minas. Maila mina de Serrabal non interesa.
A Frente Popular Galega postúlase en favor dunha harmonía real entre natureza e progreso. O progreso é a igualdade das persoas. U-las medidas reais para a integración dos inmigrantes e dos desfavorecidos? U-los centros para a xente sen teito?
O prezo da vivenda é alta para uns salarios mínimos. Que se fai se din que a economía crece? Onde repercute esa subida? En que petos?
Tamén cuestionamos a obsesión polo AVE. Para que e para quen? Que beneficios trae consigo ás clases traballadoras? Nós pulamos pola dobre vía e a potenciación do tren de comercio.
Ábrese agora unha nova vía á comunicación entre as forzas da esquerda nacionalista. Debemos camiñar amodo para fortalecer esta vía recén aberta. A manifestación unitaria deste ano, é un primeiro paso. Na honestidade, na seriedade e na responsabilidade de tod@s está que non sexa o último.
A Frente Popular Galega este ano vimos insistindo na urxencia de abordar a cuestión clave da territorialidade. Consideramos primordial a formulación democrática dun Plan Director territorial e o estudo por vía de urxencia e posta en práctica dunha nova estruturación administrativa que implique a supresión das deputacións e as provincias, o recoñecemento das parroquias, o desenvolvemento pleno das comarcas e a posta en marcha dun plan específico para os territorios galegos do leste, aínda hoxe baixo outras administracións autonómicas, que garanta, se así o desexaren, a súa reintegración ao proxecto nacional galego.
A autodeterminación non é negociábel. A autodeterminación conquístase. Con decisión, e tras 19 anos de andaina ininterrumpida, a FPG seguirá erguendo a bandeira da nosa independencia nacional e o socialismo. A bandeira da nova República que, paseniño, xa botou a andar: a República Galega.

Galicia non se vende.
Viva Galicia ceibe e socialista!
Viva Galicia ceibe e socialista!
Comité Executivo da Frente Popular Galega
25 de xullo de 2007
25 de xullo de 2007
<< Página inicial