MANIFESTO PÚBLICO DE AFILIADAS E AFILIADOS DA CIG SOBRE A PLANTA REGASIFICADORA DE REGANOSA
Asemblea celebrada nos locais da CIG en Ferrol o pasado 26 de setembro
Sindicalistas, delegadas de persoal, de comités de empresa e xuntas de persoal, así como afiliadas en xeral, todas integrantes da Confederación Intersindical Galega [CIG] desta Comarca, celebramos unha Asemblea Aberta o pasado 26 de setembro, pola tarde, no salón de Actos dos locais da CIG de Ferrol, na Rúa Pondal en Esteiro, de persoas afiliadas á Confederación Intersindical Galega [CIG].
Esta non foi unha asemblea convocada polos organismos da central sindical , senón por persoas que temos en común estar afiliadas á mesma central sindical e rechazar o despropósito gasístico de REGANOSA.
Nesta Asemblea informou-se, debateu-se e asinou-se un manifesto público de oposición á localización da Planta de Gas dentro da Ría de Ferrol. E apoiar a manifestación do vindeiro domingo 30 de setembro no Porto de Ferrol. Na citada Asemblea participaron 41 persoas, que recolleron 118 asinaturas, de cargos sindicais e afilación en xeral, destacando un importante número de persoas que están participando no peche da veciñanza na Casa do Concello de Mugardos . Entre, as persoas asinantes está un membro da Executiva Nacional da Confederación; de executivas nacionais dos sindicatos de rama; unha membro da Executiva Comarcal; varias da Dirección Comarcal e varios de executivas comarcais de rama, así como delegados e delegadas sindicais; membros de xuntas de persoal e comités de empresa da comarca.
Na citada Asemblea acordou-se engadir ao manifesto, un parágrafo pedindo a retirada de sancións e as denuncias que manten a fiscalía contra a xente do mar , como tamén solicitar da Executiva Comarcal unha certificación e cópia de toda a documentación e acordos que haxa na central sindical sonbre o asunto da planta regasificadora, tanto actual como dos antecedentes. E finalmente acordou-se [despois de pasada a manifestación do 30 de setembro, á que imos acudir identificados individualmente, con autocolantes da CIG] continuar facendo actividades e recoller máis apoios, xa para un manifesto xeral de rexeitamento da planta regasificadora de REGANOSA.
Quedaron de coordenar estes acordos as persoas que participan na Asemblea Cidadá.
O manifesto foi enviado aos medios informativos.
MANIFESTO PÚBLICO DE AFILIADAS E AFILIADOS DA CIG SOBRE A PLANTA REGASIFICADORA DE REGANOSA
As persoas abaixo asinantes, sindicalistas, delegadas de persoal, de comités de empresa e xuntas de persoal, así como afiliadas en xeral, todas integrantes da Confederación Intersindical Galega [CIG], diante do conflito social que xera a imposición da instalación dunha planta regasificadora dentro da angosta Ría de Ferrol queremos manifestar o que segue:
Que estamos a favor da reindustrialización da nosa comarca, como xeito de criar riqueza, para mellorar as condicións de vida da cidadanía; estamos pola creación de postos de traballo para as persoas desempregadas, para a mocidade que agora se está formando, para as persoas que queiran mellorar no emprego e mesmo para as persoas imigrantes que queiran compartir o noso espazo para viver e traballar. Mais non apoiamos unha reindustrialización a calquer prezo. Somos conscentes de que o impacto medioambiental cero non existe, toda industria produce un impacto, mais si existe a reindustrialización racional e desenvolvimento sostíbel, e mesmo a necesidade e posibilidade de recuperación de espazos que noutro momento destruímos.
Que non podemos entender como, despois da construción do porto exterior, de grande impacto ambiental para a nosa Ría , coa disculpa de que ía a albergar o porto carboeiro; a desgasificadora, e unha futura planta de gas, para servir á central de ciclo combinado que daquela se estaba a proxectar nas Pontes, a planta regasificadora acabou-se por construír en Punta Promontorio, dentro da Ría e a poucos metros dun complexo petroquímico que xa viña ameazando aos lugares poboados próximos e á propia Ría. O que só se pode entender pola existencia de corrupción e intereses políticos e económicos inconfesábeis.
Que os buques gaseiros teñen que cruzar un angosto canal que ten unha bocana de apenas 150 metros de ancho navegábeis [ entre boias], e 4.000 metros de longo, para chegar á planta regasificadora de REGANOSA. Co problema engadido de que esta operación só se pode realizar en mar morta, da pleamar diúrna, que apenas dura vinte minutos. Na citada operación participan catro remolcadores, lanchas de prácticos, de operarios de Capitanía Marítima e varias patrulleiras da Guardia Civil. Podemo-nos imaxinar o enorme custe económico que isto supón. Este é un feito que se ven repetindo desde principios de maio deste ano 2007. Xa van sete buques cargados con GNL que entraron na Ría, iso que está en probas. Teñen previsto que sexan 52 ao ano, mais están pedindo que poda duplicar a súa produción o que significaría duplicar o número de buques.
Que a Regasificadora ten imposibilidade física de cumprir a Lei, e os condicionados de seguridade exixidos polas normativas estatais, europeias e internacionais, para este tipo de industrias. Reganosa non pode cumprir os condiconados de distancia a núcleos de poboación, pois toda a parroquia de Meá, que lle rodea, está densamente poboada, a vila de Mugardos está a menos de 800 metros e Ferrol, o Arsenal Militar e Navantia-Ferrol a uns 1500. O outro condicionado de seguridade, tampouco o pode cumprir, pois en caso de emerxencia, a normativa en vigor, obriga a saír ao buque polos seus propios medios a mar aberto, é evidente que non pode. Mesmo hai dúas sentencias favorábeis á cidadanía do TSXG, que anulan a falsa tramitación ambiental de REGANOSA.
Que a planta regasificadora de Punta Promontorio, non só ameaza a seguridade e a vida das persoas, senón que os mariscadores e mariscadoras ven ameazados os seus postos de traballo co impacto ambiental negativo, da tecnoloxía de vaporización por auga mariña que utiliza REGANOSA, e a paralización da actividade en certos bancos marisqueiros cando entra ou sae un buque gaseiro.
Que a loita contra esta planta regasificadora, non é algo que se lle ocurrira a alguén formular agora, senón que se leva desde o ano 2000 nesta loita, muito antes de que comezase a súa construcción, mais o que si é certo é que houbo un muro de silencio mediático a todo o que significara a oposición a esta planta regasificadora dentro da Ría. Muros que comezaron a desmoronarse o 9 de maio deste ano co bloqueo do metanero Galica Spirit.
Diante disto:
MANIFESTAMOS
Que estamos no convencimento de que, REGANOSA é unha ameaza para a seguridade e a vida de miles de persoas, a Ría e a súa riqueza marisqueira, poñendo en perigo os 600 postos de traballo que esta xera.
Polo que demandamos:
1º Ao Goberno Central que ten competencias para decidir que, en base a eses condicionados non resoltos, non sexa aprobada a acta de funcionamento definitivo de REGANOSA.
2º Á Xunta de Galicia para que renuncie á herdanza envelenada do caso REGANOSA, e así mesmo, reoriente a súa política enerxética para que deixe de ser unha ameaza para a Ría e para a vida de miles de persoas de Ferrol Terra.
3º Ao Concello de Ferrol para que acorde dirixirse ao Tribunal Supremo a fin de que faga firme a sentenza 536/2004 favorable á cidadanía de Ferrol e que anula a falsa tramitación ambiental de REGANOSA.
4º Ao Concello de Mugardos, para que revise as licenzas, permisos e acordos con REGANOSA, que están ameazando a vida e os intereses da veciñanza.
Así mesmo demandamos lle sexan retiradas ás denuncias e sancións aos traballadores e traballadoras do mar, derivadas da defensa da Ría e dos seus postos de traballo.
E por último,
APOIAMOS A MANIFESTACIÓN QUE O DOMINGO 30 DE SETEMBRO, TEN CONVOCADA O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL , CON SAÍDA DESDE O PORTO DE FERROL ÁS 12 DO MEDIODÍA.
E CHAMAMOS A CLASE TRABALLADORA DA COMARCA A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN , DETRÁS DO UNANIME LEMA: PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!!
Ferrol, a 26 de Setembro de 2007
XOÁN FERNÁNDEZ SIXTO, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
ANA SUÁREZ CASTRO, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DA AREA DE SAÚDE DE FERROL CIG-SANIDADE
XOÁN FRANCISCO LÓPEZ PÉREZ, SECRETARIO ORG. DA CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
ANDRÉ MARTÍNEZ CES, EMISARIO TERRESTRE MALATA-PRIORIÑO CHICO CIG-METAL
XOSÉ MIGUEL LOPEZ PÉREZ, SERGAS CIG-SANIDADE
PILAR CES RIOBOO, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
INÁCIO MARTÍNEZ ORERO VINCULACIÓN TEMPORAL DO SERGAS CIG-SANIDADE
JUAN CASAS PIÑEIRO, PRESIDENTE DA XUNTA DE PERSOAL DO CONCELLO DAS PONTES
CARLOS TEIJEIRO PAZ, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DO CONCELLO DAS PONTES
DIVINA GACIO FREIRE, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DO CONCELLO DAS PONTES
JOSE DURÁN TOJEIRO, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DO CONCELLO DAS PONTES
CARLOS OREJA ROMÁN, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DO CONCELLO DAS PONTES
HENRIQUE BLANCO CAZÁS, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DO CONCELLO DAS PONTES
JOESEFA RODRÍGUEZ PORCA, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
OSCAR VIDAL PÉREZ, MEMBRO DA DIRECCIÓN COMARCAL DA CIG, DELEGADO DE PERSOAL DA CEMENTIRA DE NARÓN CIG-CONSTRUCIÓN
IAGO CONDE CAGIAO, MEMBRO DA DIRECCIÓN COMARCAL DA CIG, CIG-QUÍMICAS E ENERXÍA
ANDRÉS GARCÍA HERMIDA, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
FRANCISCO MAYOBRE TOIMIL, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
MARCOS VARELA VIGO, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
JUÁN M. BERMÚDEZ, NAVANTIA-FENE CIG-METAL
JOSÉ L. BARGEL CELA, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
JOSÉ L.DÍAZ RODRÍGUEZ, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
MODESTO LAMAS RIBEIRA, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
ISMAEL PICO PITA, CIG-METAL
PORFÍRIO EMBADE PITA, CIG-METAL
JOSÉ M. GONÁLEZ VIDE, CIG-METAL
IRENE FERNÁNDEZ FIDALGO, CIG-SERVIZOS
MIGUEL ANGEL NEIRA ROMERO, PENSIONISTA NAVANTIA-FERROL
VICTOR AGULLÓ LÓPEZ, PREXUBILADO NAVANTIA-FERROL
PAULA AGULLÓ LÓPEZ, ENSIA CIG-ADMINITRACIÓN
MIGUEL QUINTANILLA GAYOSO, PORTOS FERROL CIG-FEGAMT
HELEANA SÁNCHEZ LÓPEZ, DELEGADA CIG-BANCA-AFORROS E SEGUROS
RAÚL LOBEIRAS, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
ALBERTO PITA PÉREZ, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
XAVIER PRIETO ESPIÑEIRA, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
JOSEFINA LAR CASTELEIRO, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
BEATRIZ T. SORIA PAZOS, MUGARDOS
JUAN ORUEZASELA ROMERO, MUGARDOS
CARLOS G. PÉREZ DÍAZ, MUGARDOS
JOSÉ A.LIÑARES CONDAL, MUGARDOS
MARCOS DARRIBA LÓPEZ, MUGARDOS
MARIA DEL CARMEN DOPICO SIXTO, MUGARDOS
MARIA DEL PILAR IGLESIAS MARTÍNEZ, MUGARDOS
AMELIA REGUEIRO REI, MUGARDOS
MARIA DEL CARMEN FORNOS IGLESIAS, MUGARDOS
EMILIA MONTERO SECO, MUGARDOS
XOSÉ MARÍA DOBARRO PAZ, PROFESOR UDC CIG-ENSINO
LUCIA RICO DURÁN, MUGARDOS
CARLOS MUÍÑO FRAGA, MUGARDOS
MIGUEL A. RODRÍGUEZ BASTIDA, MUGARDOS
JUANA PENA FONTENLA, MUGARDOS
ANTONIA PENA VEIGA, MUGARDOS
ESTEBAN BAYOLO REY, MUGARDOS
ANTONIO PENA FONTENLA, MUGARDOS
CARMEN SANMIGUEL DÍAZ, SERGAS CIG-SANIDADE
HORTENSIA FREIRE BLANCO, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
MONSERRAT GUTIÉRREZ RIBERA, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
EVA BERGANTIÑOS, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
CRISTINA MARTÍNEZ CES, COMISIÓN EXECUTIVA NACIONAL CIG-SERVIZOS
BERTA RIVAS SANDE, FORGA CIG-BANCA-AFORROS-SEGUROS
CESAR PITA CARRETERO, MESTRE - CONSELLERÍA EDUC. CIG-ENSINO
BÁRBARA PRIMO PÉREZ, CIG-METAL
TEREIXA PEREIRO GARCÍA, CONCELLO DE FERROL CIG-ADMINISTRACIÓN
LUPE CES RIOBOO, MESTRA CONSELL. EDUC. CIG-ENSINO
ANTONIO BALIÑO VÁZQUEZ, SECRETARIO COMARCAL CIG-ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN COMARCAL DA CIG
MARIA CRUZ PENA PENABAD, PROFESORA CONSELL. EDUC. CIG-ENSINO
PATRICIA SAEZ PÉREZ, CIG-SERVIZOS
BRUNO LÓPEZ TEIXEIRO, CIG-SERVIZOS
CARLOS GARCÍA SEOANE, CIG-CONSTRUCIÓN E MADEIRA
XESÚS M. DÍAZ SUÁREZ, CIG-ENSINO
CRISTINA CORRAL CAMPELLE, CIG-QUÍMICAS E ENERXÍA
JOSÉ MARÍA RODRÍGUEZ ANEIROS, TELEFÓNICA CIG FEGAMT SECCIÓN TRANSPORTE E COMUNICACIÓNS
ERNESTO LÓPES DÍAS, CIG-CONSTRUCIÓN E MADEIRA
FERNANDO MARTÍNS LÓPEZ, CIG-METAL
JOSÉ SANMARTÍM BOUÇA, CIG-METAL
ANXO MANUEL PONCE, CIG-METAL
ALEXANDRE FERNÁNDEZ PÉREZ, CIG-BANCA-AFORROS E SEGUROS
MONTSERRAT GAREL, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
CESAR ARBA BOUZA, DELEGADO DE PREVENCIÓN CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
MAR PETEIRA CABANA, MEMBRO DA EXECUTIVA CONFEDERAL DA CIG
AVELINO PENEDO FEIJÓO, DELEGADO ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
RAFAEL AGUIRREBENGOA ESNAOLA, DIRECCIÓN COMARCAL DA CIG
JOSÉ RAMÓN CARRACEDO LAGO, RESPONSÁBEL DA ADM. AUTONÓMICA
MIGUEL ANGEL FERNÁNDEZ PÉREZ, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
MARÍA DO PILAR PATINHO PENYA, PROFESORA CONSELL. EDUC. CIG-ENSINO
ESTHER LEIRA PENABAD, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
LUISA MARÍA LEIRA PENABAD, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
ADRIANO CASTET PÉREZ, DELEGADO COMIT. DE CONSELL EDUC. CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
MARÍA JESÚS CASTRO VÁZQUEZ, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
JOAQUÍN ROMON VENASACH, , CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
JUAN BAUTISTA LOUZAO PENA, , CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
ESTHER MARÍA RODRÍGUEZ PARDO, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
MARÍA OLIVA HERMIDA CAMPOS, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
MARÍA VICTORIA ROMANS, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
GUADALUPE BUSTABAD, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
YOLANDA COUCE RODRIGUEZ, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
MARÍA MONSERRAT CABARCOS VIDAL, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
MARÍA VICTORIA BOUZAS, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
EVA VÁZQUEZ SAAVEDRA, CIG-ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
J. ENRIQUE NUÑEZ BARREIRO, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
ANGEL M. REGUEIRA CASTRO, NAVANTIA-FERROL CIG-METAL
DANIEL ALEX. MARTÍNEZCES, QUÍMICAS-ENERXÍA
MERCEDES DÍAZ LOPEZ PRESIDENTA DA XUNTA DE PERSOAL DA ÁREA DE SAÚDE DE FERROL
AURORA PIÑON GARROTE, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DA DA AREAÁREA DE SAÚDE DE FERROL
NIEVES PAZOS RUA, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DA DA ÁREA DE SAÚDE DE FERROL
ANDRÉS LOPEZ AMARELO, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DA DA ÁREA DE SAÚDE DE FERROL
JUAN CARLOS PITA GALEGO, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DA DA ÁREA DE SAÚDE DE FERROL
MIGUEL ANGEL TALAVERA VALVERDE, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DA ÁREA DE SAÚDE DE FERROL
ANA ARTO BLANCO, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DA ÁREA DE SAÚDE DE FERROL
MERCEDES FERREIRA BOUZA, MEMBRO DA XUNTA DE PERSOAL DA DA AREA DE SAÚDE DE FERROL
CELIA RAMIL PAJON, SERGAS CIG-SANIDADE
PURI MIRA CRIADO, SERGAS CIG-SANIDADE
XOSÉ MARIA RODRIGUEZ CASTRO, SERGAS CIG-SANIDADE
MARI LUZ FERNÁNDEZ SANMARTÍN, SERGAS CIG-SANIDADE
MARÍA LUISA DOMINGO JUEGA, SERGAS CIG-SANIDADE
MIGUEL ANXO ROMERO LÓPEZ, MESTRE CONSELL. EDUC. CIG-ENSINO
MARTA DÍAZ SEOANE, SERGAS CIG-SANIDADE
LOIS MÉNDEZ PÉREZ, SERGAS CIG-SANIDADE
--
Oposición sindical
contra o despropósito gasístico de REGANOSA
Blog:
http://manifesto-sindical.blogspot.com/________________
<< Página inicial