10/05/08

A FPG pola soberanía alimentar dos pobos

En abril deste ano, o Sindicato Labrego Galego (SLG), Verdegaia, Veterinarios Sen Fronteiras (VSF) e Amarante presentaban en conferencia de prensa a iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos, seguindo o acordado no Foro de Nyéléni de 2007.

Ben sabido é por tod@s que na cuestión alimentar o problema non é a súa produción senón a súa distribución, como noutras tantas cuestións que afectan á vida dos pobos. A Soberanía Alimentar dos Pobos aposta por un control da nosa produción e consumición, converténdose nunha alternativa ao mercado globalizado das multinacionais que afectan negativamente: espoliación de nacións, impedimentos para que @s labreg@s accedan aos recursos necesarios, uso do OXM (Organismos Xeneticamente Modificados), sistema de produción/comercialización insustentábel...

A Soberanía Alimentar de Galiza é un piar na conformación dun sistema socio-económico xusto e sustentábel alternativa nunha Europa capitalista. Estamos a falar dunha proposta cara o futuro onde o pobo galego sexa dono da súa produción e da súa comercialización sempre en base a criterios de equidade e xustiza, sen procurar o lucro comercial mais que non negue o beneficio aos produtores e á propia cidadanía galega. Polas mesmas, impedimos que Galiza sexa unha nación dependente das multinacionais que xeran políticas agrarias a alimentares acordes aos seus intereses económicos.

A Frente Popular Galega, como organización política galega, quere sumarse a esta iniciativa a prol da nosa soberanía alimentar e dar abeiro ás propostas que se poden ler na web da Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos

Porque unha outra política agraria e alimentar é posíbel!
Adiante coa Soberanía Alimentar dos Pobos!

ecoestadistica.com