20/07/07

Causa Galiza convoca Día da Patria unitario


Presentación de Causa Galiza
Despois de varios meses de xestación, o 14 de xullo presentouse publicamente en s. Martiño Pinario -Compostela- Causa Galiza, unha nova entidade social de carácter autodeterminista.
Esta iniciativa é froito da confluencia de distintas sensibilidades ante un obxectivo común: a reivindicación do noso dereito de Autodeterminación Nacional. Un proceso de confluencia complexo e contraditorio, ante o que o noso Partido, nun exercicio de responsabilidade revolucionaria, sen crear falsas expectativas, considera podería ser un excelente ámbito para o debate sobre os distintos aspectos que forman parte do devir da nosa nación.
Con prudencia, pero tamén con decisión, a FPG manifesta o seu apoio á iniciativa Causa GZ que entendemos como un proceso sempre aberto e en permanente construción, lonxe do modelo clásico de plataforma e liberado de protagonismos estériles, e do que periodicamente desde o noso Partido iremos facendo un seguemento e avaliación.

Día da Patria unitario
Na súa presentación oficial, Causa Galiza convocou, baixo o lema “Autodeterminación”, unha manifestación unitaria no Día da Patria, que partirá ás 13 horas desde a Alameda de Compostela. A FPG manifesta o seu apoio á convocatoria unitaria.
Entendemos que non é este o momento de certas análises que no seu día se poderán facer. Agora é o momento de felicitarse pola nova iniciativa que botou a andar, e de animar á participación masiva neste 25 de Xullo, Día da Patria Galega.

ecoestadistica.com