22/06/07

A LOITA CONTINUA


Onte, xoves 21 de xuño, pese ao mal tempo ao redor dunhas 300 persoasrecibían cunha cacerolada popular ao gaseiro Cadiz Knutsen cargado con57.000 toneladas de GNL (Gas Natural Licuado) .
Unha vez máis, o pobo e a cidadanía de Ferrolterra expresou con este actoa súa disconformidade e a súa oposición coa ubicación da planta de gasdentro da ría de Ferrol .


Dende a FRENTE POPULAR GALEGA queremos, unha vez máis, manifestar a nosatotal oposición a este proxecto criminal desenrolado polo capital, para ocapital e en beneficio do capital.


PLANTA DE GAS FÓRA!!!
A RÍA É NOSA E NON DE REGANOSA!!
ADIANTE COA LOITA DO POBO!!

21/06/07

hoxe xoves, 21 de xuño, ás 9 da tarde na concentración [cacerolada - tamborrada] convocada no peirao de Ferrol




16/06/07

Recibimento festivo ao Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, despois de saír do cárcere, en liberdade sen fianza.

“Sigo estando en contra da planta de gas en onde está situada”, foron as palabras máis aplaudidas e interrompidas a Bernardo Bastida, a metade do seu discurso duns 5 minutos e medio, por unhas seiscentas persoas, a maior parte mariscadores, que xunto con veciños da Ría de Ferrol, foran convocados pola Confraría de pescadores de Ferrol e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ateigando a Lonxa existente no peirao comercial de Ferrol.
Ás 17:20 da tarde do venres 15 de xuño, Bernardo Bastida, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol era recibido de forma festiva, incluso con foguetes, para celebrar a súa liberdade sen fianza tras pasar no cárcere de Teixeiro quince días desde o 30 de maio, en prisión provisional imputado dun inexistente delicto de desobediencia á autoridade, sen que se teña en conta que se trata dun conflito social, que se está agudizando por mor da lentitude da Xustiza e os trámites administrativos irregulares a Reganosa, cuxa Planta de Gas a partir desde o 9 de maio é unha ameaza para a vida humana e para a riqueza marisquera, polas probas que iniciou a raíz da entrada ilegal de dous buques metaneros que descargaron 250.000 m3 de gas natural licuado.
comitecidadan.org

12/06/07

MARCHA AO CARCERE DE TEIXEIRO

Despois de pasar a noite no lugar de Ois no Concello de Coirós baixo o teito dun pavillón deportivo sen paredes, a marcha de apoio a Bastida saleu ás sete da mañá e ás 11 e media da mañá tiña percorrido os 12 kilómetros ata lle núcleo de poboación da Castellana, non atopando suficiente aprovisionamento para todos continuaron 10 kilómetros mais ata o pobo de Teixeiro, onde compraron pan e fiambres para complementar a comida que hoxe lles tiñan levado de casa.
Ás 13,30 a marcha saliu do núcleo de poboación de Teixeiro para percorrer os 6 kilómetros de distancia ata a cárcere provincial situada na estrada de Paradela. Polo camiño foron sumándose outros participantes que tiñan ido en tres autobuses desde Ferrol, mais outros moitos que tiñan ido en coches de turismo, de modo que cando faltaban uns catro kilómetros ocupaban unha das calzadas coreando con forza varios lemas, entre eles “Liberdade para Bastida”, ” Ou noso mariñeiro esta en Teixeiro”, “Bastida esta presente”, “Bastida somos todos”, “A Ría e nosa e non de Reganosa”.
O número de participantes cífrase en máis de mil que se concentrou dentro do recinto de aparcadoiro de cárcere, unha gran praza rodeada de aramados cunha porta grande de acceso para coches e autobuses, adxacente ás instalacións da cárcere podéndose ver en algúns edificios como polas súas fiestras asomaban as mans de reclusos saudando aos que desde o exterior coreaban con forza “Liberdade para Bastida”. Un gran número de participantes vestía camiseta coa foto de Bastida e as frase “Bastida somos todos”, ademais dúas grandes pancartas tiñan en grandes letras a frase “Liberdade para Bastida”, outros asistentes portaban distintas pancartas todas elas no sentido de reclamar a liberdade para Bastida e fai constar que a Ría de Ferrol non é de Reganosa.
PUBLICADO POLO COMITE CIDADAN

Valoración da FPG sobre as Eleccións Municipais de 2007

O Partido Popular segue perdendo influencia e cotas de poder político. A tendencia posta de manifesto hai catro anos continúa producíndose en cada consulta electoral. Nas sete cidades máis importantes e mais en cantidade de vilas da costa e do interior haberá goberno municipal PSOE-BNG ou BNG-PSOE reforzado, nalgún caso, por outras alternativas nacionalistas de esquerda. Se no 2003 comezaron a desaparecer as maiorías absolutas, no 2007 caeron moitos alcaldes que parecían case vitalicios.

O que ocorreu en moitas vilas debera ser o inicio dun cambio positivo. Créanse as condicións para un mellor desenvolvemento das actividades sociais de carácter cultural, ecolóxico, pola defensa do territorio. O movemento asociativo popular deberá pasar dunha situación represiva a outra de certo amparo e mesmo promoción e axuda; de xeito que a expansión das ideas de defensa da natureza, do patrimonio, do territorio deberá atopar un bó caldo de cultivo na conxuntura que agora se abre. Referímonos, fundamentalmente, a aquelas vilas gobernadas até o de agora pola dereita extrema (o PP e/ou "independentes").

Este é o capítulo das luces. Pero hai tamén un capítulo de sombras.

O nacionalismo perde influencia nas cidades. Parece como se o PSOE acaparase o voto máis "social", mentres o nacionalismo recolle, fundamentalmente, o voto "galeguista" e, ademais, perde apoios constantemente. Desta maneira, aínda que apareza como predominante o tandem PSOE-BNG, na realidade o que ocorre é que se re-instala un bipartidismo PSOE-PP, que vai traer consigo unha neocolonización cultural e política de non lle poñer couto nun prazo moi curto.

O nacionalismo hexemónico, o BNG, debátese entre un posibilismo que o amarra cada vez máis aos poderes financeiros por unha parte, e as esixencias populares de liberación social pola outra. As políticas municipais practicadas polo BNG en Ferrol ou en Vigo, seguindo as sendas do neoliberalismo e negando calquera posibilidade de éxito ás políticas socializadoras e de apoio ás clases traballadoras, provocan a defección de moitas persoas que perden as súas esperanzas naqueles que consideraban mellor podían defendelos, e van depositar, vencidos, o seu voto alí onde consideran que hai hoxe máis poder, ou sexa, no PSOE. E outros, simplemente, abstéñense, non van votar.

De maneira que se produciron uns resultados electorais tremendamente contraditorios, que deberían facernos pensar moito a quen temos responsabilidades políticas para buscar solucións e alternativas capaces de modificar o rumbo e ver de evitar unha deriva que parece inexorable.

En todo caso, pensamos na FPG que hai tarefas prioritarias e urxentes: afortalar os movementos populares de defensa da terra, traballar arreo naqueles concellos onde houbo cambios produto da mobilización popular contra a corrupción e a especulación urbanística, e esixir dos gobernos "de progreso" unha actitude firme e coherente, ou sexa, unha actuación baseada nos intereses das maiorías.


30 de maio de 2007
Comité Executivo da FPG

ecoestadistica.com