Valoración da FPG sobre as Eleccións Municipais de 2007
O Partido Popular segue perdendo influencia e cotas de poder político. A tendencia posta de manifesto hai catro anos continúa producíndose en cada consulta electoral. Nas sete cidades máis importantes e mais en cantidade de vilas da costa e do interior haberá goberno municipal PSOE-BNG ou BNG-PSOE reforzado, nalgún caso, por outras alternativas nacionalistas de esquerda. Se no 2003 comezaron a desaparecer as maiorías absolutas, no 2007 caeron moitos alcaldes que parecían case vitalicios.
O que ocorreu en moitas vilas debera ser o inicio dun cambio positivo. Créanse as condicións para un mellor desenvolvemento das actividades sociais de carácter cultural, ecolóxico, pola defensa do territorio. O movemento asociativo popular deberá pasar dunha situación represiva a outra de certo amparo e mesmo promoción e axuda; de xeito que a expansión das ideas de defensa da natureza, do patrimonio, do territorio deberá atopar un bó caldo de cultivo na conxuntura que agora se abre. Referímonos, fundamentalmente, a aquelas vilas gobernadas até o de agora pola dereita extrema (o PP e/ou "independentes").
Este é o capítulo das luces. Pero hai tamén un capítulo de sombras.
O nacionalismo perde influencia nas cidades. Parece como se o PSOE acaparase o voto máis "social", mentres o nacionalismo recolle, fundamentalmente, o voto "galeguista" e, ademais, perde apoios constantemente. Desta maneira, aínda que apareza como predominante o tandem PSOE-BNG, na realidade o que ocorre é que se re-instala un bipartidismo PSOE-PP, que vai traer consigo unha neocolonización cultural e política de non lle poñer couto nun prazo moi curto.
O nacionalismo hexemónico, o BNG, debátese entre un posibilismo que o amarra cada vez máis aos poderes financeiros por unha parte, e as esixencias populares de liberación social pola outra. As políticas municipais practicadas polo BNG en Ferrol ou en Vigo, seguindo as sendas do neoliberalismo e negando calquera posibilidade de éxito ás políticas socializadoras e de apoio ás clases traballadoras, provocan a defección de moitas persoas que perden as súas esperanzas naqueles que consideraban mellor podían defendelos, e van depositar, vencidos, o seu voto alí onde consideran que hai hoxe máis poder, ou sexa, no PSOE. E outros, simplemente, abstéñense, non van votar.
De maneira que se produciron uns resultados electorais tremendamente contraditorios, que deberían facernos pensar moito a quen temos responsabilidades políticas para buscar solucións e alternativas capaces de modificar o rumbo e ver de evitar unha deriva que parece inexorable.
En todo caso, pensamos na FPG que hai tarefas prioritarias e urxentes: afortalar os movementos populares de defensa da terra, traballar arreo naqueles concellos onde houbo cambios produto da mobilización popular contra a corrupción e a especulación urbanística, e esixir dos gobernos "de progreso" unha actitude firme e coherente, ou sexa, unha actuación baseada nos intereses das maiorías.
30 de maio de 2007
Comité Executivo da FPG

<< Página inicial