16/06/07

Recibimento festivo ao Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, despois de saír do cárcere, en liberdade sen fianza.

“Sigo estando en contra da planta de gas en onde está situada”, foron as palabras máis aplaudidas e interrompidas a Bernardo Bastida, a metade do seu discurso duns 5 minutos e medio, por unhas seiscentas persoas, a maior parte mariscadores, que xunto con veciños da Ría de Ferrol, foran convocados pola Confraría de pescadores de Ferrol e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ateigando a Lonxa existente no peirao comercial de Ferrol.
Ás 17:20 da tarde do venres 15 de xuño, Bernardo Bastida, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol era recibido de forma festiva, incluso con foguetes, para celebrar a súa liberdade sen fianza tras pasar no cárcere de Teixeiro quince días desde o 30 de maio, en prisión provisional imputado dun inexistente delicto de desobediencia á autoridade, sen que se teña en conta que se trata dun conflito social, que se está agudizando por mor da lentitude da Xustiza e os trámites administrativos irregulares a Reganosa, cuxa Planta de Gas a partir desde o 9 de maio é unha ameaza para a vida humana e para a riqueza marisquera, polas probas que iniciou a raíz da entrada ilegal de dous buques metaneros que descargaron 250.000 m3 de gas natural licuado.
comitecidadan.org

ecoestadistica.com