10/08/07

ANIVERSARIO DA CAÍDA EN COMBATE DE XOSÉ RAMÓN REBOIRAS



CARA A RECONSTRUCIÓN DO MOVEMENTO NACIONAL-POPULAR
Un ano máis @s comunistas e patriotas galeg@s consagramos o 12 de agosto á recuperación da memoria do noso camarada de ferro Xosé Ramón Reboiras e facémolo coa constatación na práctica da deriva na que se atopa instalado parte do nacionalismo galego. Deriva iniciada paseniño precisamente tras o asasinato de Moncho Reboiras en 1975 pola policía española.
Se Moncho erguera a cabeza e contemplara a rumbo e a deriva que tomou o movemento
que el axudou a construir de seguro que se sentiría indignado e profundamente defraudado. O panorama non é para menos: declaracións grandilocuentes de políticos “tremendamente moderados”, inmersión total na política institucional cun medre de presenza nas institucións (chegando agora rapiñan polo poder nas deputacións) pero todo baixo unha realidade aplastante e innegable: o medre do nacionalismo non leva parello o incremento dunha conciencia nacional no conxunto das clases populares.
E é que algúns xa hai tempo que deixaron de camiñar xunto ao pobo para camiñar da man da oligarquía económica.
En definitiva que o nacionalismo medra electoralmente pero cada vez hai menos nacionalistas.
Moncho, que ninguén se leve a enganos, era un revolucionario e un patriota que entregou a vida na loita por unha Galiza ceibe e socialista.
Agora máis que nunca temos ante nós a tarefa histórica de avanzar cara a reconstrución do movemento nacional-popular e non por capricho ou nostalxia por outros tempos
senón porque é preciso retomar o proxecto histórico do nacionalismo galego, un nacionalismo combativo, popular e de esquerdas, un nacionalismo que se funda co pobo e coa clase traballadora, un nacionalismo sempre fiel aos intereses das clases populares. Temos que facelo, temos que reaxir e erguernos de novo para que o soño de Moncho non esmoreza
No seu recordo só un arela: que as vindeiras xeracións de comunistas e patriotas sexan
quen de seguir o exemplo de MONCHO REBOIRAS.
Viva Moncho Reboiras!!
Viva Galiza ceibe e socialista!!
A loita continúa!!
Fran Aneiros

ecoestadistica.com