10/08/07

ADHESIÓN E SOLIDARIEDADE COA POBOACIÓN DE MUGARDOS

A Plataforma Ártabra21 quere amosar a súa ADHESIÓN E SOLIDARIEDADE coa poboación de Mugardos máis preocupada pola amenaza que supón a PLANTA DE GAS preto de seus fogares.

A PLATAFORMA ÁRTABRA21, EXPRESA A SÚA SOLIDARIERADE coa veciñanza que decidiron EFECTUAR UN PECHE INDEFINIDO NA CASA DO CONCELLO DE MUGARDOS para que a Xunta de Galiza, gobernado polo PSOE- BNG , atenda as súas DEMANDAS CIDADÁNS .

A veciñanza de Mugardos afectada polos 400 metros de zona de seguridade que preve o Plano de Emerxencias Exterior para REGANOSA, aprobado polo Consello Xeral da Xunta de Galicia o pasado 19 de xullo, sigue pechada na casa do Concello de Mugardos. Este feito tivo importante repercusión mediática. A indignación da veciñanza, diante dun Plano de Emerxencias que é un verdadeiro despropósito, elaborado de costas á veciñanza afectada, á propia administración municipal, e mesmo sen ter en conta aos servizos de emerxencias da comarca [bombeiros, urxencias hospitalarias, urxencias 061, Protección Civil, autoridades locais ...].
Un Plano de Emerxencias, aprobado en tempo recor só co propósito de avalar, e acelerar, a entrada en funcionamento de REGANOSA. Regasificadora cuestionada, non só polo movimento cidadán da Ría, senon que polos propios tribunais da Galiza, en sendas sentenzas do TSXG, tribunais que algún respecto e credibilidade mereceralle a un goberno da Galiza.
Porque eles saben que REGANOSA non pode cumprir os condicionados de distancia de seguridade ante núcleos poboados [2000 metros], a evidencia aforra palabras e o de que os buques gaseiros podan saír a mar aberto en caso de emerxencia polos seus propios medios, cousa que non é posíbel, porque tanto para entrar como para saír necesitan a intervención de práticos do porto e catro remolcadores e por que no caso de estar cargado de GNL, só pode saír, en pleamar diurna e durante escasa media hora [en marea morta], por un canle angosto de 4.000 metros de lonxitude e moi estreito, cunha zona de navegación de só 150 metros de ancho. TODO UN DESPROPÓSITO.Manteñamos a solidariedade coa veciñanza pechada no concello de Mugardos:- Facendo visitas ao lugar do peche, na casa do Concello de Mugardos.- Enviando cartas ou telegramas de apoio e solidariedade á Casa do Concello [Av. de Galiza, 45 981470290]. - Remitindo aos medios de comunicación notas de prensa.- Acordando en reunións de asociacións, comités de emperesa e outros entidades, mostras de solidariedade e apoio á veciñanza pechada, na defensa da vida, das súas vivendas e da súa seguridade. - Remitindo cartas, fax ou telegramas á Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta, para que atenda as demandas veciñais e mostrando a negativa a convivir cunha Planta de Gas dentro da Ría de Ferrol.Enderezos da Xunta de Galicia onde se pode manifestar o rexeitamento de REGANOSA e o apoio á veciñanza de Mugardos:PresidenciaEmilio Pérez Touriño Presidente da Xunta de Galicia Secretaría Particular Edificios Administrativos - San Caetano, s/n 15704Santiago de Compostela Tel.: 981 541 213/541 214 - Fax: 981 541 219 Correo-e: secre.presiden@xunta.es Secretaría Particular Pazo de Raxoi - Praza do Obradoiro 15705Santiago de Compostela Tel.: 981 544 915/544 916 - Fax: 981 544 904 Correo-e: secre.presiden@xunta.es Secretaría Xeral da Presidencia Gumersindo Guinarte Cabada Secretario Xeral Edificios AdministrativosSan Caetano, s/n 15704Santiago de Compostela Tel.: 981 541 283/541 285 - Fax: 981 541 293Pazo de Raxoi - Praza do Obradoiro 15705Santiago de Compostela Tel.: 981 541 212 - Fax: 981 541 293 Correo-E: secretaria.xeral.presidencia@xunta.es

ecoestadistica.com