27/08/07

MARCHA CIDADÁ A MUGARDOS


O pasado 24 de Agosto tivo lugar unha exitosa marcha a pé ata Mugardos, convocada pola Plataforma Cidadán de Emerxencia, en solidariedade cos compañeiros e compañeiras pechadas no concello de Mugardos, que dende fai máis dun mes denuncian infatigabelmente as irregularidades presentadas pola regasificadora "a probas" ubicada dentro da ría.


Máis dun centenar de persoas comezaron pasadas as 4 da tarde unha andaina de máis de 17 km. dende o peirao de Ferrol.
Unha camiñata que durou ao redor de 4 horas, pasando polo centro de Ferrol, Avenida de Esteiro, Caranza, Perlío, Barallobre, Maniños, o Seixo, Franza, ata chegar a Mugardos.

Durante o transcurso do traxecto foise incorporando xente, tanta que se pasou de 300 participantes.
Dende o primeiro momento huobo un bo ritmo, o que fixo que só se realizara un reagrupamento na Pedreira, antes de chegar aos tanques de Reganosa. Alí, como non podía ser doutra forma, quentouse máis, se cabe, o ambiente con berros ao unísono en contra da planta regasificadora producto da corrupción política.
Despois, o magnífico recebemento por parte dos compañeiros e compañeiras en loita pechados no Concello de Mugardos.

Con este exercicio de dignidade e loita fica claro que ninguén será capaz de deter a este movimento cidadán forte e decidido pola "xustiza, a razón e o sentido común".

PLANTA DE GAS, FÓRA DA RÍA!

A RÍA É NOSA, E NON DE REGANOSA!!

ecoestadistica.com